Próximas funcións

Estrea 24 de xaneiro - A Coruña: Fórum Metropolitano

Sábado 7 de marzo: Vilasantar
Domingo 8 de marzo: Cerceda

18 de setembro: O Barco de Valdeorras, Teatro Lura Olmo

23 de outubro: Feira Histórica de Arteixo

13 de novembro: Teatro Colón, A Coruña

20 de novembro: Valdoviño


A COMPAÑÍA

A "Escola Galega de Teatro Musical", centra a atención no teatro musical, para facer máis produtiva a industria cultural galega. Analizando o éxito actual do teatro musical en España, preferido por máis dun cuarto do público (porcentaxe en alza), crea "O Candil", un musical 100% galego. Un proxecto de emprendemento xove encabezado por mulleres galegas que confian nas posibilidades do teatro musical na súa terra.

Ten o apoio e a confianza de Agadic, Xunta de Galicia, Jevaso S.L, Adegas Valmiñor e Nutripasos, para levar a cabo a produción escénica.